11/24/2010
Niquelarte xorde na cabeza duns conservadores-restauradores, uns operarios Niquelantes que buscan unir procesos técnicos e científicos para provocar unha acción-reacción de pensamento, unha actitude vital que se expande: niquel_ando. Por iso somos un elemento químico que ó porse en movemento convírtese nunha acción verbal.
A asociación Niquelarte constrúese nunha casa de aldea, ó carón dunha cociña de ferro, pero conectada a outras latitudes emigradas. Amalgamamos experiencias de traballo, inquedanzas, críticas e propostas. Traballamos como caleidoscopio, xirando as ideas na cabeza e funcionamos a través dunha estructura rede de retroalimentación constante.
Os nosos fins......conservar todo tipo de trebellos...materiais e inmateriais....porque os espazos inquietan e énchense de cousas, xentes, tradicións, actividades, sensacións...
Niquelalos é unha posta en marcha. Porque de esquencelos...morren.
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada
(
Atom
)
No hay comentarios. :
Publicar un comentario